Pasar al contenido principal

Curso Superior de Técnico de Urbanismo, organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública

Envíase información da convocatoria do Curso denominado “Curso superior de técnico de urbanismo”, organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública.

O curso ten como obxectivos que os alumnos adquiran os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que lles capaciten para traballar nas disciplinas da ordenación do noso solo e responsabilizarse dos procesos de xestión do territorio. O estudo do urbanismo e a ordenación territorial farase partindo da normativa urbanística española estatal, facendo referencia, nos aspectos de maior interese, á normativa autonómica e, especialmente, á da Comunidade Autónoma galega.

Está dirixido a arquitectos interesados en ampliar os seus coñecementos cunha formación especializada no campo do urbanismo, profesionais no exercicio do ámbito urbanístico que necesitan actualizar os seus coñecementos en xestión urbanística, e a persoal das diferentes administracións públicas de Galicia: funcionarios de carreira ou persoal interino dos grupos A e B que estea en posesión do título de licenciado, arquitecto, arquitecto técnico ou enxeñeiro.

Pode consultar toda a información relativa ao curso no seguinte ENLACE.