Pasar al contenido principal

ENCONTRO PROFESIONAIS DA INTERVENCIÓN NA VIOLENCIA DE XENERO

Comunicación remitida polo Centro de Información á muller do Concello de Monforte de Lemos: "Poñémonos en contacto con vós para recordarvos que aos efectos de darlle continuidade as sesións do Encontro de Profesionais da Intervención na Violencia de Xénero, quedamos convocados para o vindeiro venres 24 de novembro, ás 12:00 h. na Sala de Actividades (2º andar) do Centro Cívico Social situado no Paseo do Malecón de Monforte de Lemos.

Nesta convocatoria a formación que terá carácter gratuíto versará sobre O papel do Ministerio Fiscal coas vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas nos procedementos civís e penais. Impartida por Dona Áurea Martínez, Fiscal Delegada de violencia sobre a muller de Lugo.

Por cuestións organizativas, pregaríamos que nos confirmedes a asistencia no Centro de Información á Muller, por teléfono 982 41 63 50 ou por correo electrónico: cim@concellodemonforte.com

Por último tamén se remite un díptico con todas as actividades que temos programadas dende a Concellería de Igualdade a través do CIM para conmemorar o 25 de novembro “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero."

Descargar díptico en PDF