Pasar al contenido principal

IX Xornada Estatal de Psicoloxía Contra a Violencia de Xénero

Os días 24 e 25 de novembro de 2017 celebrarase en Santiago de Compostela a IX Xornada Estatal de Psicoloxía Contra a Violencia de Xénero, organizada polo Consejo General de la Psicología de España e por este Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Será un encontro no que construír un retrato máis completo da violencia por motivo de xénero.

Unha reunión científica para a que nos implicamos en deseñar un atractivo programa que nos permita abordar esta grave problemática, e á que desde a psicoloxía temos moito que achegar e ofrecer.

Máis información: https://xornadasviolenciaxenero.copgalicia.gal/programa

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia considera necesario ofrecerlle aos seus colexiados e colexiadas un desconto do 23% no momento da inscrición.