Pasar al contenido principal

V CURSO DE DERECHO INMOBILIARIO

O curso ten como finalidade facilitar as actuacións diante dos tribunais de xustiza e os labores de asesoramento por parte dos profesionais nas materias propias do Dereito Inmobiliario, mediante a adquisición e actualización dos coñecementos necesarios para a resolución dos problemas actualmente máis conflitivos.

Serán obxecto de análise, en particular, as reformas na LAU de 1994 pola Lei 4/2013, de 4 de xuño, de medidas de flexibilización e fomento do mercado de aluguer de vivendas, e as operadas na Lei de Propiedade Horizontal pola Lei 8/2013, de 26 de xuño, en materia de rehabilitación e renovación urbanas. Estudaranse, así mesmo, os últimos criterios xurisprudenciais en ambas as dúas materias. Polo demáis, o estourido da chamada “burbulla inmobiliaria” está a xerar problemas novos no eido do Dereito contractual, especialmente verbo da resolución das compravendas por falta de financiamento do comprador, pola non finalización da obra ou por mor de retrasos na entrega. Os propios préstamos hipotecarios para financiar a adquisición están a mudar profundamente por influxo da xurisprudencia do TXUE, no tocante á nulidade de cláusulas abusivas e outras relevantes cuestións.

Descargar folleto en PDF