Pasar al contenido principal

VIII CURSO DE PERFECCIONAMENTO: DEREITO DE FAMILIA E SUCESIÓNS

Sobre a base das importantes reformas substantivas e procesuais introducidas no Código Civil e a Lei de Axuiciamento Civil pola lexislación aprobada no mes de xullo de 2015, entre outras, Lei 25/2015, de 2 de xullo, de xurisdición voluntaria, e Lei 26/2015, de 28 de xullo, protección da infancia e da adolescencia, o Curso ten como finalidade facilitar os labores de asesoramento e actuacións ante os Tribunais de Xustiza e as Administracións Públicas por parte dos profesionais nas materias propias do Dereito de Familia e Sucesións, mediante a adquisición e actualización dos coñecementos necesarios para a resolución dos problemas actualmente máis conflitivos en relación cos procedementos matrimoniais, efectos civís das sentenzas de separación e divorcio (vivenda familiar, custodia dos fillos, dereito de visitas, pensións), sociedade de gananciais, unións de feito, filiación, protección de menores, capacidade e protección da persoa, así como os problemas sucesorios máis vinculados á institución familiar como a sucesión testada e intestada, o sistema lexitimario ou a partición da herdanza, iso tanto no réxime do Código Civil como, sobre todo, nas especialidades propias do Dereito Civil de Galicia.

Descargar díptico (PDF)