Os presentamos los siguientes enlaces a los WEBINARS DE ACTUALIDAD de vLEX España:
ACTUALIDAD
ADMINISTRATIVA
ACTUALIDAD
CIVIL
ACTUALIDAD
LABORAL
ACTUALIDAD
MERCANTIL
O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e O Consello da Avogacía Galega (CAG) asinaron un convenio de colaboración para prestar, a través dos Colexios de Avogados, o servizo de asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda. O devandito servizo ten por obxecto crear as canles de información necesarias para remediar que persoas en situación de desamparo perdan a súa vivenda ou, no seu caso, consigan, ó abeiro dos programas de axuda existentes, un inmediato reacollo en inmobles a disposición da Xunta de Galicia ou o acceso ás axudas para o alugueiro de vivendas.
O asesoramento terá como finalidade o evitar os conflitos procesuais, analizar a viabilidade das pretensións así como o posible encaixe nos diferentes programas públicos que poidan dar cobertura a esta situación. Igualmente, o convenio permitirá ofrecer aos destinatarios un servizo de mediación ou, no seu caso, o nomeamento de árbitros para alcanzar un acordo extraxudicial.
BENEFICIARIOS:
Os beneficiarios deste servizo, que se presta de maneira gratuíta, son aqueles cidadáns que acrediten carecer de recursos económicos, tomando como referencia os requisitos básicos establecidos no artigo 3 da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de Asistencia Xurídica Gratuíta.
HORARIO:
O servizo terá unha duración semanal e será atendido polo Letrado/a, de maneira presencial, un día á semana - os xoves-, nas dependencias colexiais sitas en Pascual Veiga nº 2, dende as 10:00 ás 13:00 horas.
Para maior información contactar no teléfono 982.241007, enviar un correo electrónico icalugo@avogacia.org ou acudir ás dependencias colexiais en horario de oficina.
ASESORAMENTO GRATUÍTO A PERSOAS AFECTADAS POR INCENDIOS FORESTAIS
No Pleno do Consello da Avogacía Galega, celebrado o pasado 20 de outubro de 2017, aprobouse a proposta presentada polo noso Colexio para prestar asesoramento gratuíto ás persoas afectadas polos incendios forestais padecidos o pasado mes de outubro. O devandito asesoramento esténdese ós supostos nos que se destruíu total ou parcialmente a vivenda do afectado e realizarase a través do servizo de asesoramento de vivenda que xa existe no Colexio.
Se ademais da orientación fose preciso realizar algunha reclamación xudicial, aproveitarase a infraestrutura colexial da Quenda de Oficio, para o que haberá que tramitar a concesión do beneficio de Xustiza Gratuíta. Igualmente, atendendo á demanda que poida ter o servizo, poderán ser chamados máis Letrados por semana, pola orde que obra na listaxe configurada para o servizo de asesoramento de vivenda.
Co presente correo achegámosvos a nota de prensa enviada polo Consello da Avogacía Galega e as ordes, aprobadas pola Xunta de Galicia, o pasado 20 e 27 de outubro, mediante as que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para a reparación dos danos ocasionados polos incendios; tamén tes a documentación dispoñible na plataforma de formación do Consello da Avogacía, no Servizo de Vivenda.
Publicación no DOG 20/10/2017 (PDF)
Publicación no DOG 30/10/2017 (PDF)
OS AVOGADOS GALEGOS ASESORARÁN GRATUÍTAMENTE A PERSOAS AFECTADAS POLOS INCENDIOS FORESTAIS (PDF)