Para máis información http://www.xustiza.gal/asistencia-xuridica-gratuita/introducion
ACCESO Á XUSTIZA E XUSTIZA GRATUÍTA
O acceso á Xustiza é un dereito básico recoñecido tanto na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, como no Convenio Europeo de Dereitos Humanos.
É un dereito constitucional que comprende a asistencia xurídica gratuíta de quen carece de recursos suficientes para litigar e afecta a outros fundamentais como os de igualdade, asistencia letrada ao detido, defensa e tutela xudicial efectiva.
É un servizo público cuxa xestión está encomendada legalmente á Avogacía de forma exclusiva, respecto de a defensa xurídica, e á Procuradoría, para a representación do cidadán.
QUEN TEN DEREITO Á XUSTIZA GRATUÍTA?
Terán dereito á asistencia xurídica gratuíta:
Persoas físicas:
Igualmente, ademais de certas entidades de utilidade pública, as seguintes persoas xurídicas, cando acrediten insuficiencia de recursos para litigar:
REQUISITOS ECONÓMICOS PARA O RECOÑECEMENTO DO DEREITO
Poden solicitalo aqueles cidadáns que, estando inmersos en calquera tipo de procedemento xudicial ou pretendendo inicialo, carezan de patrimonio suficiente para litigar e/ou conten cuns recursos e ingresos económicos brutos, computados anualmente, por todos os conceptos e por unidade familiar, que non superen os seguintes limiares:
Para ese efecto, constitúen modalidades de unidade familiar:
De maneira excepcional, e con independencia da existencia de recursos para litigar, recoñécese o dereito de asistencia xurídica gratuíta, que se lles prestará de inmediato:
COMO SOLICITAR O DEREITO?
Para solicitar o beneficio de xustiza gratuíta é necesario que o interesado cumprimente un impreso normalizado de solicitude, que se pode descargar nesta páxina web, e achega a documentación, que se detalla no modelo facilitado, acreditativa da insuficiencia de recursos para litigar. O solicitante do dereito deberá indicar cales son as pretensións cuxo recoñecemento pide.
Estes impresos tamén se facilitarán en:
LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
As solicitudes de asistencia xurídica gratuíta, xunto coa correspondente documentación, presentaranse ante os Servizos de Orientación Xurídica do Colexio da Avogacía do lugar en que se ache o Xulgado ou Tribunal que haxa de coñecer do proceso principal ou perante o xulgado do domicilio do solicitante se o proceso non se iniciou. Tamén poderá remitirse a solicitude, por correo, ás dependencias colexiais.
QUE CONLEVA O RECOÑECEMENTO DO DEREITO A XUSTIZA GRATUÍTA?
O dereito á asistencia xurídica gratuíta comprende as seguintes prestacións:
1.- O servizo de asesoramento e orientación gratuítos previos ao proceso a quen pretenda reclamar a tutela xudicial dos seus dereitos e intereses, así como información sobre a posibilidade de recorrer á mediación ou outros medios extraxudiciais de solución de conflitos cando teñan por obxecto evitar o conflito procesual ou analizar a viabilidade da pretensión.
Cando se trate de vítimas de violencia de xénero, de terrorismo e de trata de seres humanos, así como de menores de idade e as persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, a asistencia xurídica gratuíta comprenderá asesoramento e orientación gratuítos no momento inmediatamente previo á interposición de denuncia ou querela
2.- Asistencia de avogado ao detido, preso ou imputado que non o designase, para calquera dilixencia policial que non sexa consecuencia dun procedemento penal en curso ou na súa primeira comparecencia ante un órgano xurisdicional, ou cando esta leve a cabo por medio de auxilio xudicial e o detido, preso ou imputado non designase avogado no lugar onde se preste.
3.- Designación de Avogado e Procurador de Oficio en procedementos en que sexa obrigatoria a súa intervención. Se a intervención letrada non fose preceptiva, pode solicitar do Xulgado que, motivadamente, cominar ao Colexio de Avogados a súa designación ou ben, a designación sexa expresamente requirida polo Xulgado ou Tribunal mediante auto motivado para garantir a igualdade das partes no proceso.
Tamén pode acudir ao procedemento con profesionais da súa confianza, ben abonándolles os seus honorarios, ben renunciando estes a a súa cobranza, sen perder o resto dos beneficios da Xustiza Gratuíta.
4.- Asistencia pericial gratuíta cando fose necesaria.
5.- Dereito a dispoñer de intérprete na súa lingua orixinaria.
6.- Exoneración do pago de custas procesuais de serlle impostas en xuízo, salvo que en prazo de tres anos veña mellor fortuna (cuádruplo do IPREM).
7.- Exención do pago de taxas para interpoñer recursos.
8.- Inserción gratuíta de edictos ou anuncios en boletíns oficiais.
9.- Redución de aranceis de Notarías e Rexistros, e no caso de que os ingresos anuais do cidadán sexan inferiores ao IPREM, a súa exención, para a obtención de copias, testemuños, instrumentos e actas notariais, certificacións, anotacións, asentos e inscricións nos Rexistros da Propiedade e Mercantil, cando teñan relación directa co proceso.
A asistencia Xurídica Gratuíta esténdese a todos os trámites, incidencias e recursos en relación co procedemento para o que lle foi recoñecida, incluída a execución da resolución xudicial durante dous anos.
DEREITOS CON RESPECTO Á ASISTENCIA LETRADA
1.- A ser nomeado un Avogado de Oficio, designado polo Colexio da Avogacía, que deberá reunir os requisitos de experiencia e de formación que lles son esixidos previamente.
2.- A asistencia letrada será gratuíta, salvo nos seguintes casos, en que deberá abonar ao profesional os seus honorarios polo traballo realizado:
3.- A recibir atención coa inmediatez que o caso requira, en forma e lugar adecuados. A tal fin, deberá poñer canto antes ao dispor do profesional toda a información e documentación coa que conte, prestarlle a súa colaboración dilixente e facilitarlle a súa localización e calquera cambio de domicilio ou teléfono de contacto.
4.- A ser informado polo profesional sobre se a súa pretensión é viable e, se este a considera inviable, a que emitan un ditame ao Ministerio Fiscal e ao Colexio da Avogacía. Se algún deles considera que a pretensión é posible terá dereito á designación dun segundo profesional para quen será obrigatoria a defensa do caso; se ambos confirman que é inviable, desestimarase a solicitude.
5.- A ser informado sobre o estado do procedemento, e das resolucións ditadas no mesmo e, no seu caso, sobre a procedencia dos recursos que poidan interpoñerse.
6.- A formular ante o Colexio da Avogacía calquera queixa que puidese suscitar o Servizo de Orientación Xurídica ou a intervención do profesional asignado.
7.- Os Colexios da Avogacía velarán polo correcto funcionamento, calidade e continuidade do servizo e deben resolver as queixas que reciban e comunicar ao afectado a decisión adoptada.
DEBERES DA CIDADANÍA ANTE A XUSTIZA GRATUÍTA
A Asistencia Xurídica Gratuíta é un servizo público financiado con fondos públicos, polo que:
1.- Non se debe solicitar o beneficio da Xustiza Gratuíta en caso de non cumprir os requisitos legais anteriormente expostos e debe facerse sempre sobre a base do fiel reflexo da súa situación económica real.
2.- Este dereito debe utilizarse con responsabilidade coa finalidade de que poidan beneficiarse do mesmo todas as persoas que realmente o necesiten
3.- Obrigación de entregar toda a información e documentación requirida polo SOJ ou servizos colexiais para tramitar a solicitude de Xustiza Gratuíta.
4.- Debe gardar respecto e a debida consideración ao profesional designado.
5.- Debe facilitar a información e documentación que necesite para cumprir a súa función, prestarlle dilixente colaboración e facilitarlle a súa localización en todo momento.
6.- Debe abonar o custo dos honorarios profesionais polos servizos recibidos nos casos en que legalmente proceda, anteriormente indicados
7.- Debe poñer en coñecemento do Colexio de Avogados o incorrecto funcionamento de calquera dos servizos ou actuacións que integran a asistencia xurídica gratuíta.
Para máis información http://www.xustiza.gal/asistencia-xuridica-gratuita/introducion
Armando Durán, s/n (edificio juzgados) Tlfno. 982 221 997
De luns a venres, de 08:30h a 14.30 h.
Poden remitirse as solicitudes de asistencia xurídica gratuíta por correo postal (C/ Pascual Veiga, nº 2, Lugo) ou mediante correo electrónico (icalugo@avogacia.org)
O Servizos de Orientación Xurídica (SOJ) deste Colexio da Avogacía encárgase de atender os cidadáns que precisen orientación sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta, así como de informar sobre o cumprimento dos requisitos necesarios para o recoñecemento do devandito dereito, a competencia para tramitar o proceso xudicial e o auxilio na redacción e/ou enchemento dos impresos normalizados de solicitude.
O persoal do SOJ é igualmente o encargado de indicar aos solicitantes a documentación necesaria que precisa achegar xunto co impreso de solicitude e os que á vista da solicitude e documentación resolven provisionalmente a concesión ou non da asistencia xurídica gratuíta.