XIII xornadas nacionais de avogados e avogadas contra a violencia de xénero

Informarte que, dentro da formación anual organizada polo Consello Xeral da Avogacía Española está a celebración de as XIII XORNADAS NACIONAIS DE AVOGADOS E AVOGADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO e que, neste ano, foi seleccionado o noso Colexio da Avogacía para ser o anfitrión e sede para a súa celebración e que terán lugar na nosa cidade desde o 22 ao 24 de outubro. Dentro dos eventos que se van a organizar, está previsto o día 22 de outubro un acto de benvida para todos os asistentes, responsables das organizacións colexiais dos 83 Colexios da Avogacía de España e do Consello Xeral do a Avogacía, relatoras e autoridades, no Salón Rexio do Círculo das Artes.

Os días 23 e 24 de outubro desenvolverase a parte académica de formación en materia de violencia de xénero no Salón de Actos do Edificio Multiusos da Xunta de Galicia (na Rolda da Muralla 70).

A participación nestas xornadas é das máis numerosas das organizadas polo Consello Xeral e nas que se abordarán os seguintes temas: retos na defensa das vítimas de violencia de xénero, aspectos substantivos e organizativos no ámbito de violencia sobre as mulleres da Lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do servizo público de xustiza; comarcalización dos xulgados e a súa incidencia en asistencia letrada na materia de violencia de xénero; asistencia letrada a vítimas de delito sexual e menores vítimas de violencia.

O programa é de gran interese para os compañeiros e compañeiras especialistas na materia que conforman os servizos de asistencia ás mulleres vítimas de violencia de xénero nos diferentes Colexios da Avogacía, e para quen, en xeral, teñen especial interese nestas cuestións, de plena actualidade no exercicio da nosa profesión. Estas xornadas servirán para acreditar a formación anual continua esixida para permanecer na quenda especializada de violencia de xénero.

Dada a relevancia destas xornadas e para facilitar a todos os nosos colexiados/as que queirades asistir ás mesmas, dásevos dúas opcións:

  • A inscrición unicamente á formación académica (incluída a asistencia á recepción no Círculo das Artes) cun prezo reducido.
  • Ou a inscrición ordinaria que inclúe tamén a comida e cea prevista o xoves.

A Xunta de Gobierno tamén aprobou subvencionar, a todos os que asistades deste ICA,  30 euros do importe da inscrición. Para iso teredes que enviar un correo electrónico a icalugo@avogacia.org acompañado do xustificante da inscrición e do pago da mesma.

Achegámosvos a ligazón coa información  e para realizar a inscrición:  https://abgcia.me/jornadasVG25

Últimas novas