PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS

Finalizado o pasado día 30 de outubro de 2026 o prazo de presentación de
candidaturas para prover os cargos vacantes á Xunta de Gobierno do
Ilustre Colexio Provincial da Avogacía de Lugo, a Mesa Electoral, en
reunión celebrada o día de hoxe, 2 de novembro, e en cumprimento co
disposto no artigo 77 dos Estatutos Colexiais, adoptou o acordo de
proclamar candidatas para optar aos cargos da Xunta de Gobierno nas
eleccións convocadas para o próximo día 30 de novembro de 2026, ás
seguintes colexiadas, por reunir, todas elas, os requisitos esixidos
para o efecto, e ser presentadas dentro do prazo fixado na convocatoria.


Para Deputada 3ª a Dª. HELENA TERESA MÉNDEZ MUELA
Para Tesoureira a Dª. MARÍA ALICIA ROZAS BELLO


Conforme ao establecido no artigo 77.4 dos Estatutos
Colexiais, reunindo as candidatas os requisitos legais esixibles e non
tendo opoñentes, acórdase declarar electas ás devanditas Letradas para os
cargos aos que concorren, e, por tanto, dispensados do trámite de
elección.


Acórdase publicar este acordo na páxina web colexial e no
taboleiro de anuncios, informar do mesmo aos colexiados e ser comunicado
ás interesadas.

Últimas novas