O Ilustre Colexio Provincial da Avogacía de Lugo, ante a entrada en vigor da Lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza, introduciu unha serie de reformas significativas no ámbito dos Medios Adecuados de Solución de Controversias (MASC). Esta normativa busca mellorar a eficiencia procesual e promover a resolución de conflitos fóra da vía xurisdicional. Neste contexto, o Colexio da Avogacía asume un papel fundamental na implementación dos MASC e crear este servizo no Colexio coa finalidade de poñer ao dispor dos letrados/as desta Corporación así como aos seus clientes, estes últimos como consumidores de servizos legais a posibilidade de acudir a este novo servizo colexial para dar cumprimento ao requisito de procedibilidad esixido para a admisión a trámite das demandas xudiciais cunha maior celeridade e eficacia que a prevista en órganos xudiciais, administracións e outras institucións que poidan prestar este servizo. Desta maneira, búscase optimizar os tempos de resolución e reducir a carga procesual dos tribunais, promovendo unha xustiza máis accesible e eficiente para todos os involucrados. Este protocolo ten como finalidade establecer as bases e directrices para a creación e funcionamento do servizo de MASC neste Colexio da Avogacía. Preténdese proporcionar un marco sinxelo e estruturado que permita aos avogados/as deste ICA e á cidadanía en xeral acceder a métodos adecuados de resolución de conflitos, aliñados cos principios da nova lexislación. Ten un carácter provisional e irase adaptando ás necesidades obxectivas, de regulación e desenvolvemento da implantación do servizo.
Toda a información na sección MASC da web colexial.