C.A.G formación en liña 7 de maio: Regularización extranxeiría

Estimado/a Colexiado/a:

 Infórmote que o xoves 7 de maio comezará o seguinte programa de clases en liña, organizado polo Consello da Avogacía Galega:

A regularización extraordinaria do 2026 dentro do novo Regulamento de Estranxeiría

Este programa de formación está deseñado para dotar aos profesionais da avogacía das ferramentas técnicas necesarias para afrontar o proceso de regularización extraordinaria de 2026. Permitirá abordar de forma práctica o novo marco xurídico, os procedementos aplicables e os principais retos interpretativos que presenta a súa implementación.

As dúas primeiras sesións sentan as bases normativas e procedementais, mentres que a terceira se reserva para a análise crítica e o debate aberto sobre a súa aplicación práctica.

Información de interese

  • Organiza: Consello da Avogacía Galega.
  • Formadores: 
  • Juan José Vázquez Rodríguez. Asesor Jurídico del Ayuntamiento de A Coruña.
  • Carmen Rodríguez Torre. Abogada del Ilustre Colegio de Abogados de Burgos.

 

Resumo do programa (achégase programa completo en PDF)

7 de maio: Marco normativo e requisitos de elexibilidade

    • I. Introdución e contexto político-xurídico
    • II. Suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da modificación
    • III. Requisitos para acollerse á regularización 
    • IV. As novas figuras de arraigo

 

14 de maio: Xestión procedemental e documental. Estratexia administrativa

    • I. O procedemento administrativo
    • II. Requisitos, consideracións prácticas
    • III. A documentación estranxeira
    • IV. A situación de provisionalidade

 

21 de maio: Clínica xurídica, casuística e dúbidas tras a publicación

    • I. Análise da “letra pequena” do novo Real Decreto
    • II. Exposición de casuística real
    • III. Coexistencia das novas figuras coas xa existentes no Regulamento de Estranxeiría
    • IV. Debate

     

    Para cualquier duda, se puede contactar con el Consello en el  981121893 o en el correo electrónico redes@avogacia.gal.

    Sen outro particular, recibe un cordial saúdo.

    Descargar aquí versión galego.

    Descargar aquí versión castelán.

     

    Últimas novas