CONVOCATORIA XUNTA XERAL ORDINARIA

En virtude do acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 2 de novembro do ano en curso, observando o disposto no artigo 82 do Estatuto Xeral da Avogacía Española e o artigo 73 b) do Estatuto deste Ilustre Colexio e demáis normas concordantes e de aplicación, procédese a convocar a XUNTA XERAL ORDINARIA, a celebrar no Salón de Actos da sede colexial (Pascual Veiga, 2) o vindeiro 30 de novembro ás 18:00 horas, con arranxo ó seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Exame e votación do orzamento elaborado pola Xunta de Goberno para o ano 2027.
  2. Venta do piso 2º do nº 3 da Rúa Pousa Antelo, debate e acordo que proceda, en orde á sua autorización.
  3. Información do Decano sobre as cuestións máis relevantes afectantes ao Colexio: Persoal, Queda de Oficio, e opción dos mutualistas do RETA.
  4. Rogos e cuestions. De conformidade co disposto no artigo 71 apartado 5 do Estatuto Colexial, na Secretaria colexial, antes das vintecatro horas antes da súa celebración e durante as horas de despacho, estarán a disposición dos colexiados e colexiadas os antecedentes dos asuntos a deliberar na Xunta convocada

Últimas novas