Informámosvos de que desde o Consello da Avogacía Galega ábrese de novo o prazo de matrícula para o curso "Marketing orientado á Avogacía". Se queres aprender a Captar novos clientes, Manter os clientes que xa tes, Diferenciarte da competencia e Darte a coñecer, Interésache este curso. Integramente en liña, o temario impartirase mediante dúas metodoloxías:
- Contidos teóricos: todo dispoñible na aula virtual para que, desde que te matricules, poidas comezar a formación ao teu ritmo. Os cuestionarios de autoavaliación permitiranche avanzar no programa formativo sen ter que agardar por correccións.
- Clases en liña (optativas, non obrigatorias para acadar o título): da man dunha das máis reputadas especialistas en comunicación de despachos: Lidia Zommer. As clases terán lugar no mes de novembro, pero facilitaranse as gravacións das mesmas para quen non poida asistir ou para quen desexe a súa visualización a posteriori.
Máis información:
- Nº horas: 50.
- Prezo:
- 70 € Colexiados/as exercentes e non exercentes dos Colexios da Avogacía galegos.
- 50 € Alumnos/as do Mestrado da Avogacía e alumnado de Dereito das universidades galegas.
- Lugar de matrícula: https://formacion.avogacia.gal .
- Webinars a cargo de Lidia Zommer, especialista en comunicación dos despachos da avogacía:
- 8 de novembro, de 16 a 17 h.: Por que un avogado necesita saber marketing?
- 9 de novembro, de 16 a 17 h.: Plan de marketing: Como saber que hai que facer
- 22 de novembro, de 16 a 17 h.: Marketing de contidos: Como demostrar o teu valor antes de que te contraten
- 23 de novembro, de 16 a 17 h.: Como debe ser a web dun avogado para conseguir clientes?
- 29 de novembro, de 16 a 17 h.: Redes sociais e publicidade dixital: Como difundir a túa mensaxe e conectar coas persoas que interesan
- 30 de novembro, de 16 a 17 h.: Email marketing: Como manterte na mente dos teus contactos
O prazo de inscrición permanecerá aberto até o día da primeira clase en liña (8 de novembro). Para calquera dúbida, podedes contactar co Consello no enderezo electrónico redes@avogacia.gal e no teléfono 981121893.