Informámosvos de que o Consello da Avogacía Galega acaba de abrir a matrícula para o curso Cálculo de Penas, organizado en colaboración cos Colexios da Avogacía de Galicia e a editorial Thomson Reuters Aranzadi.
Trátase dunha actividade formativa de 30 horas, eminentemente práctica, con numerosos exercicios para que os alumnos e alumnas poidan aplicar a metodoloxía de cálculo transmitida nos contidos. Ademais do material en PDF, os vídeos explicativos permiten unha mellor asimilación dos baremos a aplicar.
O prezo do curso é de 25 euros para colexiados/as exercentes, non exercentes e alumnos/as do Máster da Avogacía. As matrículas realizaranse a través da aula virtual (https://formacion.avogacia.gal) e o prazo de inscrición remata o 31 de xaneiro.