Informámosvos de que o luns día 8 de marzo, ás 19 h., terá lugar a webinar “Mulleres xuristas. Tres olladas sobre a igualdade”, organizada polo Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela e emitida a través da plataforma Zoom, coa colaboración do Consello da Avogacía Galega.
Trátase dunha mesa redonda na que intervirán:
- María Dolores Rivera Frade, maxistrada, presidenta da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG.
- María Inmaculada Espiñeira Soto, notaria de Santiago de Compostela.
- Jacoba Emilia Millán Acosta, avogada, colexiada do ICA Santiago.
A inscrición é gratuíta e as prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición desde a seguinte ligazón: https://zoom.us/webinar/register/WN_DJWeROtGTT6o5eAWEM0h3w
O prazo de solicitude de inscrición remata o venres 5 de marzo. Aqueles e aquelas que teñan praza recibirán un correo de confirmación cos datos de acceso á webinar. Cada enlace de acceso é único por inscrito/a.
Para calquera dúbida, pódese contactar co Consello no 981121893 (en horario de 9.30 a 15.30 h.) ou no enderezo electrónico redes@avogacia.gal.