Comunicámosvos que o Consello da Avogacía Galega abriu unha nova edición do seu curso en materia de estranxeiría, con contidos actualizados segundo a normativa vixente a 12 de marzo de 2023:
Dereito de Estranxeiría 2023
A situación xeográfica de España convértea nun punto de recepción de inmigración, véndose isto incrementado polo crecemento progresivo dos fluxos de poboación no século XXI. Estes movementos migratorios poden deberse a razóns humanitarias, laborais ou económicas, entre outras causas. Cada caso implica unha serie de trámites que deben ser coñecidos pola avogacía para poder exercer o seu traballo da forma máis eficaz e eficiente posible. Para isto, a formación cumpre un papel fundamental.
Características do curso:
- Coordinador e titor: Juan José Vázquez Rodríguez, xefe da Unidade de Asesoramento ás Migracións do Concello da Coruña.
- Modalidade: en liña.
- Nº horas: 100.
- Prezo: gratuíto, tanto para colexiados/as exercentes coma non exercentes e alumnos/as do Máster de Acceso á Avogacía dos Colexios da Avogacía de Galicia.
- Lugar de matrícula: https://formacion.avogacia.gal
- Prazo de matrícula: este curso forma parte do plan de formación continua do Consello da Avogacía Galega, polo que non haberá data límite de matrícula.
Para máis información:
- Consultar a guía do curso.
- Acceder á aula virtual do Consello.
- Contactar co Consello no enderezo electrónico redes@avogacia.gal ou no teléfono 981 121 893.