O Concello de Lugo concedeu hoxe a Medalla de Ouro da Cidade de Lugo ao Colexio de Avogados de Lugo pola súa traxectoria, de máis de 175 anos, e polo seu compromiso coa xustiza social e por garantir os dereitos dos cidadáns. Ao acto de entrega da que é a máxima distinción que pode otorgar o Concello, acudiron varios membros da Xunta Directiva do Colexio de Avogados, encabezada polo seu Decano Félix Mondelo.
No transcurso deuse lectura á acta pola que se otorgou a medalla ao órgano colexial, lembrando o seu lema "Juridicum luci augusti conventum seguimur", que significa “somos continuadores do convento xurídico lucense”. Neste contexto falouse da súa constitución, a principios do século XIX, coa reunión dun grupo de avogados exercentes para formar o colexio. Tamén explicaron que na celebración da primeira xunta, o día 4 de novembro de 1839 na casa número 17 da “calle Puertamiñá” (hoxe 32 da rúa do Miño), elíxese a primeira xunta de goberno. Tanto o Decano do Colexio de Avogados, Féliz Mondelo, como a Alcaldesa destacaron o feito de que nesa reunión, a primeira decisión foi a de crear un turno de gardas obrigatorias para asistir ás persoas sen recursos.
Na súa intervención, Lara Méndez encomiou a traxectoria deste colexio, lembrando que é o más antiguo de Galicia, "que leva 178 anos adicados a facer unha sociedade máis xusta e igualitaria".
Pola súa banda, o Decano do Colexio de Avogados asegurou sentirse "enormemente satisfecho por este reconocimiento, especialmente en lo que se refiere a nuestra labor en el campo social". Insistiu neste aspecto ao sinalar que "en efecto, los abogados cumplen unha función social y trascendente, siendo una de las pocas, sino la única, profesión que aparece en nuestro texto constitucional".
Despois de falar da quenda de oficio explicou que "difícilmente se puede encontrar una profesión que cumpla tan bien con las funciones que le son atribuidas. Eso es un hecho obetivo y constatable". Mondelo rematou felicitando ao resto dos distinguidos con este galardón, que supón, dixo, "el reconocimiento ante los ciudadanos de esa labor social, no siempre conocida y valorada".
De feito, na lectura da acta se chamou a atención sobre esas "funcións esencialmente públicas, dentro das que destaca a función social encomendada ao colectivo e aos colexios de avogados". Explicouse que entre as actuacións que realiza este colexio en beneficio da cidadanía, apuntouse o servizo prestado de asistencia xurídica gratuíta e quenda de oficio, explicando que "a súa calidade e a atención eficaz á cidadanía está motivada, en primeiro lugar, polo número de letrados que, voluntariamente, prestan dito servizo neste colexio, no que figuran de alta como exercentes máis do 50% das e dos colexiados, cun alto grao de experiencia das e dos ditos profesionais (a maioría supera os 10 anos de exercicio da profesión), o que repercute na calidade do asesoramento prestado á cidadanía que require este servizo".
Outras actividades que se tiveron en conta á hora de conceder a medalla de ouro ao Colexio de Avogados de Lugo son a participación de integrantes da Xunta da Goberno en distintas comisións creadas por diferentes organismos e institucións públicas, entre as que destacaron a Comisión de Violencia de Xénero do Concello de Lugo; a de os Desafiuzamentos constituída polo Concello; a de Montes Veciñais; a de Intermediación Hipotecaria, a de Asistencia Xurídica Gratuíta ou a Comisión Deontolóxica do propio colexio.