Os avances tecnolóxicos e os novos procesos están a transformar o mercado laboral, e a mudar de xeito profundo as condicións de vida e traballo tradicionais. As plataformas dixitais están a poñer a proba o Dereito do Traballo impoñendo un grao de externalización descoñecido ata este século. Estamos nunha zona gris entre a laboralidade e a non laboralidade, e existen diversas opinións en relación co encadramento do persoal das plataformas dixitais na Seguridade Social.
Pero a tecnoloxía da comunicación non está a producir os seus efectos exclusivamente sobre as condicións de traballo dos chamados “novos empregos”, aqueles relacionados de xeito mais directo co mundo dixital. Ao contrario, os cambios no acceso ás novas tecnoloxías trasladáronse ao ámbito laboral e trouxeron consigo novos roles, novos horarios, unha maior conectvidade e novas oportunidades para o traballo a domicilio e a conciliación. O maior inconveniente desta revolución tecnolóxica e dixital descansa na problemátca relacionada cos límites que separan a vida laboral e a vida persoal. Neste contexto, algúns países do noso entorno aprobaron xa unha normatIva para reforzar os dereitos a este respecto da cidadanía. En España entrou en vigor o pasado mes de decembro a Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garanta de los derechos digitales, que incorpora no seu Título X unha serie de dereitos no ámbito laboral, entre eles o dereito á desconexión dixital (artgo 88).
Estes temas abordaranse nesta xornada, dun xeito riguroso e profundo, da man de profesionais do mundo da Xudicatura, a Universidade e a Inspección de Traballo, e de representantes das organizacións sindicais e empresarial máis representatvas en Galicia, coa fnalidade de desenvolver unha das funcións do Consello Galego de Relacións Laborais: a promoción e o fomento do debate social en cuestóns de actualidade.