Os días 12 e 13 de abril de 2024 celebrarase na Coruña (Galicia) a oitava edición das Xornadas de Dereito de Familia, organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega.
Estas xornadas, que supoñen un punto de encontro para os profesionais que se adican ao dereito de familia, celebraranse na Fundación Barrié da Coruña (Cantón Grande, 9). Nelas daranse cita prestixiosos xuristas para abordar cuestións de máxima actualidade relativas ao ámbito da familia tales como as sucesións, a Lei Trans, a liquidación de réximes matrimoniais, a vivenda familiar no concurso, o documento de Instrucións Previas, o recurso de casación en materia de familia, a intelixencia artiTicial aplicada ao dereito de familia e a análise da xurisprudencia máis recente do Tribunal Supremo en asuntos de familia, discapacidade e Tiliación.
Na páxina web das xornadas, http://familia.gal, atopará toda a información, como chegar, o formulario de inscrición, os hoteis recomendados e a forma de reserva.