Dende o Consello da Avogacía Galega infórmasenos de que o mércores 14 de abril, ás 19 h., terá lugar a conferencia en liña “Algunhas reflexións sobre a incidencia da pandemia nos dereitos fundamentais”, organizada polo Ilustre Colexio de Avogados de Santiago e emitida a través da plataforma Zoom, coa colaboración do Consello da Avogacía Galega. A conferencia será impartida por Fuencisla Ladrón de Cegama Escudero, fiscal da Área de Santiago de Compostela.
A inscrición é gratuíta e as prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición desde a seguinte ligazón: https://zoom.us/webinar/register/WN_4c_9eRRfQmqSrNQtXBkHgw
O prazo de solicitude de inscrición remata o luns 12 de abril, ás 20 horas. Aqueles e aquelas que teñan praza recibirán un correo de confirmación cos datos de acceso á conferencia en liña. Cada enlace de acceso será único por inscrito/a.
Para calquera dúbida, pódese contactar co Consello no 981 121 893 (en horario de 9.30 a 15.30 h.) ou no enderezo electrónico redes@avogacia.gal.