O xoves 23 de xaneiro terá lugar a seguinte conferencia en liña organizada polo Consello da Avogacía Galega:
Lei Orgánica 1/2025, de 2 de xaneiro, de medidas de eficiencia do Servicio Público da Xustiza
A conferencia será impartida por Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo e doutor en Dereito, e Álvaro Perea González, letrado da Administración de Xustiza. Esta Lei, publicada no BOE do 3 de xaneiro de 2025, modifica as normas procesuais máis importantes do Ordenamento Xurídico Español.
Información de interese
- Data: 23 de xaneiro.
- Horario: de 16 a 19 horas.
- Formato: en liña, a través da plataforma Zoom.
- Dirixido a: colexiados e colexiadas dos colexios da avogacía de Galicia e da Comunidade Valenciana.
- Prezo: 10 euros. O pagamento realizarase no momento de cubrir o formulario de inscrición.
- Inscrición: é preciso cubrir este formulario.
- Emitirase un diploma ou certificado ás persoas que estean presentes na conexión e superen un breve test en liña.