Lembrámosvos que o xoves 23 de febreiro, de 17 a 19 h., o Consello da Avogacía Galega emitirá a través de Zoom a seguinte conferencia en liña, impartida por Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo e membro asesor do Observatorio de Violencia doméstica e de xénero do CGPJ: «A proba nos delitos contra a liberdade sexual a raíz da LO 10/2022, do 6 de setembro, con especial referencia ao consentimento». Con directa referencia na LO 10/2022, de 6 de setembro, ofrécese unha análise sobre a problemática atinente ao consentimento do art. 178.1 CP novo e a proposición e práctica da proba en relación aos delitos contra a liberdade sexual, a fin de fixar as circunstancias e directrices que deben terse en conta por acusación particular e defensa á hora de levar a cabo as súas distintas achegas de proba ao proceso e o sistema de valoración da mesma, así como a xurisprudencia do Tribunal Supremo recente acerca de cuestións atinentes á proba.
Inscrición:
A inscrición é gratuíta e realizarase a través da plataforma de Zoom: https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_rJ8f41YvSYqqzTvLTETWZA
Para calquera dúbida ou consulta, podedes chamar ao 981121893 ou escribir a redes@avogacia.gal .