Informámosvos de que o xoves 13 de maio, ás 16 h., terá lugar a conferencia en liña “Os procesos de familia: Novidades COVID-19”, organizada polo Consello da Avogacía Galega.
A conferencia será emitida a través da plataforma Zoom e estará impartida por Elisa Campoy López Perea, experta en Dereito de Familia e Mediación e membro da Subcomisión de Violencia sobre a Muller do CGAE.
A inscrición é gratuíta e as prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición desde a seguinte ligazón: https://zoom.us/webinar/register/WN_YX0-49SYSH6wXVnZQf5LJA
O prazo de inscrición estará aberto até as 14 horas do xoves 13 de maio. Aqueles e aquelas que teñan praza recibirán un correo de confirmación cos datos de acceso á conferencia en liña. Cada enlace de acceso será único por inscrito/a.
Para calquera dúbida, pódese contactar co Consello no 981121893 (en horario de 9.30 a 15.30 h.) ou no enderezo electrónico redes@avogacia.gal.