O Consello da Avogacía Galega abre a matrícula para o curso de “Ciberseguridade”. O obxectivo deste curso é proporcionar aos avogados e ás avogadas os coñecementos necesarios para comprender os riscos da ciberseguridade e aplicar os mecanismos necesarios para protexer os sistemas informáticos e a información confidencial dos seus clientes.
Características do curso:
- Coordinación: José María Lozoya Pérez, avogado especializado en Dereito das TIC e protección de datos.
- Modalidade: en liña.
- Nº horas: 30.
- Prezo: 30 €, tanto para colexiados/as exercentes coma non exercentes e alumnos/as do Mestrado de Acceso á Avogacía dos Colexios da Avogacía de Galicia.
- Lugar de matrícula: https://formacion.avogacia.gal
- Inscrición aberta e prazo para o remate do curso: 15 de decembro de 2023.
Para máis información:
- Consultar a guía do curso.
- Acceder á web do Consello.
- Contactar co Consello no enderezo electrónico redes@avogacia.gal ou no teléfono 981 121 893.