Informámosvos de que o Consello da Avogacía Galega acaba de abrir a matrícula para os seguintes cursos en liña, en colaboración cos Colexios da Avogacía de Galicia e Wolters Kluwer:
Curso de Compliance Penal
- Metodoloxía: material de consulta en formato PDF e presentacións interactivas (SCORMs), con cuestionarios de autoavaliación.
- Nº horas: 70.
- Prezo: 50 €, tanto para colexiados/as exercentes coma non exercentes dos Colexios da Avogacía galegos e alumnos/as do Mestrado de Acceso á Avogacía.
- Lugar de matrícula: https://formacion.avogacia.gal
- Formador: Daniel Roberto Garrido Pazos, avogado con formación e 15 anos de experiencia profesional en cumprimento normativo. O servizo de titoría estará a disposición do alumnado durante todo o curso, agás no mes de agosto.
Curso de Marketing orientado á Avogacía
- Metodoloxía: material de consulta en formato PDF e presentacións interactivas (SCORMs), con cuestionarios de autoavaliación. Webinars de asistencia voluntaria.
- Nº horas: 50.
- Prezo:
- 70 € Colexiados/as exercentes e non exercentes dos Colexios da Avogacía galegos.
- 50 € Alumnos/as do Mestrado da Avogacía e alumnado de Dereito das universidades galegas.
- Lugar de matrícula: https://formacion.avogacia.gal
- Webinars a cargo de Lidia Zommer, especialista en comunicación dos despachos da avogacía:
- 8 de novembro, de 16 a 17 h.: Por que un avogado necesita saber marketing?
- 9 de novembro, de 16 a 17 h.: Plan de marketing: Como saber que hai que facer
- 15 de novembro, de 16 a 17 h.: Marketing de contidos: Como demostrar o teu valor antes de que te contraten
- 16 de novembro, de 16 a 17 h.: Como debe ser a web dun avogado para conseguir clientes?
- 22 de novembro, de 16 a 17 h.: Redes sociais e publicidade dixital: Como difundir a túa mensaxe e conectar coas persoas que interesan
- 23 de novembro, de 16 a 17 h.: Email marketing: Como manterte na mente dos teus contactos
- Prazo de inscrición ata o 30 de xullo.
Webinar no mes de xullo " A nova Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia frente á violencia"
- CANDO: luns 12 de xullo, ás 16 horas.
- IMPARTE: Elisa Campoy López-Perea, experta en Dereito de Familia e Mediación e membro da Subcomisión de Violencia sobre a Muller do CGAE.
- DIRIXIDA A: exclusivamente aos letrados e letradas, así como ao alumnado do Mestrado de Acceso á Avogacía, pertencentes aos Colexios da Avogacía galegos.
- PREZO: gratuíta.
- PRAZO DE INSCRICIÓN: até as 14 horas do 12 de xullo.
- Os interesados e interesadas podedes cubrir o seguinte formulario en Zoom: https://zoom.us/webinar/register/WN_y2UXq-75SqaBPVYGiLJ55Q
Para máis información, quedamos á vosa disposición en redes@avogacia.gal e no teléfono 981121893.