O Consello da Avogacía Galega organiza un novo programa gratuíto de conferencias en liña en materia de violencia de xénero, impartidas por profesionais especializados na materia. O ciclo terá lugar nas seguintes datas e horarios:
- Datas: os días 2, 9, 16, 23, 30 de novembro (xoves) e o día 28 de novembro (martes).
- Horario: de 16 h. a 17.30 h., agás o xoves 30 de novembro, que será de 17 h. a 19 h.
Nesta ocasión haberá dous relatorios por día, cunha duración de 20 minutos cada un e unha quenda de preguntas.
Os títulos das dúas primeiras intervencións son:
- “Tratamento da vítima de violencia de xénero en comisaría”. Alejandra Domínguez Pereiras, Policía Nacional.
- “A dispensa do deber de declarar das vítimas de violencia de xénero. O artigo 416 na actualidade”. Gema Rial Rodríguez, avogada e Decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Pontevedra.
En breve facilitarémosvos os temas que se impartirán o resto dos días. Os interesados e interesadas podedes inscribirvos na seguinte ligazón: https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_xoD25MkoTAurDorMnG1WQg. O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a todas as clases en liña do programa; non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.
Quedamos á vosa disposición en redes@avogacia.gal e no teléfono 981 121 893.