Os días 18 e 19 de febreiro de 2022 celebrarase na Coruña (Galicia) a sexta edición das Xornadas de Dereito de Familia, organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega, en colaboración coa Asociación Española de Abogados de Familia.
Estas xornadas, que supoñen un punto de encontro para os profesionais que se adican ao dereito de familia, celebraranse en Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8). Nelas daranse cita prestixiosos xuristas para abordar cuestións de máxima actualidade relativas ao ámbito da familia tales como novidades legais e xurisprudenciais sobre a situación do menor, técnicas de comunicación, conflitos familiares internacionais e a violencia de xénero. O segundo día das Xornadas estará integramente adicado á Lei 8/2021.
Na páxina web das xornadas, http://familia.gal, atopará toda a información, como chegar, o formulario de inscrición, os hoteis recomendados e a forma de reserva.
- AFORO LIMITADO -