Dende o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) convidano á participar no derradeiro webinar da nosa programación formativa para o ano 2021, e que agardamos sexa do seu interese.
Ligazón á información do webinar
Webinar realizado en colaboración con Fremap que ten como obxectivo informar como a través da práctica do mindfulness e a súa integración non traballo podemos incrementar o benestar laboral.
A práctica do mindfulness é un adestramento sistemático da atención que permite ás persoas desenvolver recursos internos de auto-observación e auto-regulación, que brindan a posibilidade de desactivar a reacción automática do estrés crónico, a través de observar claramente as reaccións corporais e emocionais que xorden fronte a un estresor.
Unha técnica de relaxación idónea para incrementar o benestar laboral. Reduce a tensión e a ansiedade, aumenta a concentración e xera efectos que repercuten positivamente nas organizacións e a produtividade.
Se ten algunha dificultade, estan á súa disposición na seguinte conta de correo: issga.formacion@xunta.gal