Informámosvos de que mañá xoves día 11, ás 17 h., terá lugar a webinar PROTOCOLO DE INGRESO DIRECTO EN MEDIO ABERTO PARA PERSOAS CONDEADAS A PENAS INFERIORES A CINCO ANOS DE PRISIÓN.
A conferencia será impartida por Lourdes Barón Jaqués, avogada do Colexio de Zaragoza e coordinadora do servizo de orientación xurídica penitenciaria do mesmo. Organiza o Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, en colaboración co Consello da Avogacía Galega.
A inscrición é gratuíta e está aberta a todos os letrados e letradas colexiados en Galicia.
Rexistro para inscrición en: https://zoom.us/webinar/register/WN_ExFrEcqTSk-2rMJpGmHnJg