Achegamos a información correspondente á xornada "Responsabilidade civil profesional e o seu seguro”, que terá lugar o 22 de abril en sesión matinal no Paraninfo da Universidade da Coruña. A organización do evento corresponde á Fundación INADE, coa colaboración do Consello da Avogacía Galega, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o Consello Galego de Colexios Médicos e o Consello Galego de Economistas.
O avogado Juan Antonio Armenteros Cuetos participará, en representación do Consello da Avogacía Galega, na mesa redonda "A visión gremial da responsabilidade civil profesional".
No transcurso da xornada presentarase oficialmente o sexto volume da colección Cadernos da Cátedra que, baixo o mesmo título, elaborou Xosé Manuel Busto Lago, catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña.
Máis información e inscricións en: https://fundacioninade.org/la-responsabilidad-civil-profesional-y-su-seguro/