A xornada presenta unha tripla finalidade. A primeira delas consiste en relacionar e comprender como actúan e o alcance que teñen os dereitos fundamentais de opinión e información nas actuacións xudiciais. A segunda estriba en comprender a apreciación que a sociedade ten ao redor da xustiza. Finalmente, coñecer a linguaxe predominante na Administración de xustiza. Estes tres obxectivos convértense en imprescindibles para coñecer a realidade que rodea o Poder Xudicial como encargado da impartición de xustiza a nivel social e tamén respecto de posibles interaccións que deban levar a cabo con calquera sector vinculado.
Contidos:
Nesta xornada trataranse, entre outros, os seguintes temas:
- Os dereitos de opinión e información en relación coas actuacións xudiciais.
- A percepción social da xustiza.
- A linguaxe xudicial.
Persoas destinatarias:
Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto de xustiza como autonómica e local, dos entes instrumentais da comunidade autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, profesionais do dereito e persoas interesadas en xeral.
Desenvolvemento:
Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: 17 de abril de 2018.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 6 horas lectivas.
Número de prazas: limitado pola capacidade do local.
Inscrición:
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través do espazo «área de matrícula» da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/). O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 10 de abril de 2018.
Poderá obterse calquera outra información das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos: 981 54 62 41, 981 54 62 39.