Un amplo elenco de expertos en ciberseguridade daranse cita en Santiago de Compostela o vindeiro 31 de maio convidados polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), baixo o patrocinio da firma Emetel e a colaboración de Abanca e Symantec. Mediante a “III Xornada de Ciberseguridade en Galicia”, o colexio profesional conecta co reto da seguridade e a privacidade, unha das principais preocupacións de usuarios e administracións.
Más información en este enlace.