O Consello da Avogacía Galega acaba de abrir a matrícula para o curso en liña Dereito de Familia, organizado en colaboración cos colexios de avogados de Galicia e coa editorial Thomson Reuters Aranzadi. Esta actividade formativa consta de 150 horas e a matrícula realizarase exclusivamente a través da aula virtual, http://avogacia.gal/formacion.
Aínda que o curso comezará oficialmente en setembro, rematando o prazo de inscrición o día 30 dese mes, xa é posible realizar a pre-inscrición para acceder ao temario e realizar os exercicios. Desta forma, os letrados e letradas que o desexen poderán aproveitar o mes de agosto para avanzar no curso. O servizo de titoría e o certificado de aproveitamento estarán dispoñibles a partir de setembro.
O prazo para a súa reallzación rematará o 28 de febreiro do 2019.