A integración da perspectva de xénero na prevención de riscos laborais é un dos grandes retos deste século XXI. Existe a percepción subxectva de que os homes están máis expostos aos riscos laborais que as mulleres, xa que, tradicionalmente, a acción de prevención, debido ás graves consecuencias da accidentalidade, incide sobre postos de traballo masculinizados, e actúa escasamente sobre os riscos existentes nos sectores feminizados e nos que producen deterioro paulatino e sistemátco da saúde e derivan en enfermidades profesionais e patoloxías relacionadas co traballo.