Despois duns meses de inactividade por actualizacións na aula virtual a e implementación de melloras, comprácenos informarvos de que o Consello retoma o seu labor formativo con tres novos cursos.
- Curso de Dereito de Estranxeiría 2019 (100 horas): a terceira edición do curso de Estranxeiría presenta materiais actualizados segundo os cambios normativos acontecidos desde a anterior edición (no ano 2016). Ademais, como novidade, incorpouse un novo módulo relacionado coa trata de seres humanos.
- Prezo: de balde, para colexiados/as exercentes e alumnos/as do Máster da Avogacía. 70 € para colexiados/as non exercentes.
- Descargar Folleto (PDF)
- Descargar Guía (PDF)
- Curso de Dereito de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (100 horas): trata diferentes aspectos do Dereito TIC, centrándose no comercio e contratación electrónica, na protección do consumidor e a protección dos dereitos fundamentais, como intimidade e protección de datos na rede.
- Prezo: 75 €, para colexiados exercentes, non exercentes e alumnos do Máster da Avogacía.
- Descargar Folleto (PDF)
- Descargar Guía (PDF)
- Curso de Protección de Datos (50 horas): este curso pretende, a través da análise en profundidade da Lei de Protección de Datos, aportar unha visión global das novas tecnoloxías e, en particular, do cambio radical que supuxeron no ámbito social e na comunicación interpersoal na actualidade. Ao final do curso, impartirase un breve taller sobre adaptación do despacho profesional á LOPD e ao RGPD, expoñendo un caso práctico e facilitando formularios e pautas orientadoras.
- Prezo: 50 €, para colexiados exercentes, non exercentes e alumnos do Máster da Avogacía.
- Descargar Folleto (PDF)
- Descargar Guía (PDF)
Os tres cursos impártense integramente en liña e o prazo de inscrición remata o 30 de setembro do 2019. A matrícula realizarase exclusivamente a través da aula virtual, http://avogacia.gal/formacion .
Os alumnos/as disporán ata o 28 de febreiro do 2020 para a súa realización.
No caso de dúbidas sobre estas actividades formativas, rogámosvos poñerse en contacto co Consello, ben ao enderezo electrónico redes@avogacia.gal, ben ao teléfono 981121893.
Agardando que esta información sexa do voso interese, recibide un cordial saúdo.