Ante a situación que se vai producir con motivo do remate da folga de Letrados da Administración de Xustiza, preocupa fondamente á Avogacía e á Procuraduría, como sen dúbida preocupa a Vostede e a cantos órganos están involucrados na administración de Xustiza, o ritmo de retorno á normalidade.
É difícil predicir as incidencias que se van producir, pero unha da que máis preocupa é a coincidencia de sinalamentos, coincidencia que obrigará aos letrados/as afectados/as a solicitar a suspensión de actos e vistas.