O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, en colaboración co Consello da Avogacía Galega, organiza unha xornada que se retransmitirá a través de Zoom para toda a avogacía galega: “O contador partidor non testamentario".
• Imparte: Ángel Rebolledo Varela, avogado e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela.
• Data: mércores 7 de febreiro.
• Hora: ás 17.15 h.
• Prezo: gratuíto.
• Dirixido a: colexiados e colexiadas dos Colexios da Avogacía de Galicia, así como ao alumnado do Mestrado de Acceso á Avogacía.
Os interesados e as interesadas deberán cubrir o seguinte formulario: https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_XskzQDstQRyRX0C03xp4gQ
Quedamos á vosa disposición para calquera consulta en redes@avogacia.gal e no teléfono 981121893.