Informamos da convocatoria do “Curso Superior de Técnico de Urbanismo 2024/25”, organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública.
O curso ten como obxectivos que os alumnos adquiran os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que lles capaciten para traballar nas disciplinas da ordenación do noso solo e responsabilizarse dos procesos de xestión do territorio. O estudo do urbanismo e a ordenación territorial farase partindo da normativa urbanística española estatal, facendo referencia, nos aspectos de maior interese, á normativa autonómica e, especialmente, á da Comunidade Autónoma galega.
Está dirixido a arquitectos interesados en ampliar os seus coñecementos cunha formación especializada no campo do urbanismo, profesionais no exercicio do ámbito urbanístico que necesitan actualizar os seus coñecementos en xestión urbanística, así coma ao persoal persoal funcionario subgrupos A1 e A2 e persoal laboral grupos I e II que realicen funcións relacionadas co contido do curso.
Dado que entendemos que o mesmo pode resultar de interese para os profesionais do seu entorno, agradeceriamos a súa colaboración na difusión da celebración do referido curso.
Pode consultar toda a información relativa ao curso no seguinte ENLACE.
Anticipándolle as gracias pola súa colaboración, quedo á súa disposición para calquera aclaración que precisen ao respecto deste asunto.