O Consello da Avogacía Galega organiza un programa de formación en liña en materia de vivenda, froito do convenio de colaboración asinado entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Consello da Avogacía Galega para prestar un servizo de asesoramento, intermediación e orientación xurídica en materia de vivenda.
O programa constará de dúas sesións. A continuación facilitámosvos información sobre a primeira xornada:
Xoves, 19 de decembro, de 17 a 19 horas:
"Preguntas e respostas ante a okupación ilegal de inmobles. Solucións ante o impagamento de rendas e a inquiokupación. A súa regulación na nova Lei de medidas de eficiencia procesual". Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo.
Os interesados e interesadas podedes inscribirvos na seguinte ligazón: https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_6pGqskwSTnaM8xRh-CxEgQ.
O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a todas as clases en liña do programa; non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.
Quedamos á vosa disposición en redes@avogacia.gal e no teléfono 981121893.