Dende a Agrupación da Avogacía Nova de Ourense en colaboración coas Agrupacións da Avogacía Nova de Vigo, Santiago, Pontevedra, Ferrol, Lugo e A Coruña organizamos o II Encontro de Mulleres Profesionais no Sector Xurídico.
Este ano o evento terá lugar na Cidade de Ourense o día 6 de marzo de 2020, no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" (Rúa do Progreso, 30).
A asistencia ó acto é totalmente gratuita, pero é preciso inscribirse enviando mail a ajaourense@gmail.com indicando nome, apelidos e DNI.
Entregarase diploma de asistencia.