Os días 16 e 17 de marzo do 2018 celebrarase na Coruña (Galicia) a terceira edición das Xornadas de Dereito de Familia, organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega, en colaboración coa Asociación Española de Abogados de Familia.
Estas xornadas, que supoñen un punto de encontro para os profesionais que se adican ao dereito de familia, celebraranse na Fundación Barrié (Cantón Grande, 9). Nelas daranse cita prestixiosos xuristas para abordar cuestións de máxima actualidade relativas ao ámbito da familia tales como as novidades xurisprudenciais nesta rama do dereito, os plans de parentalidade como novas ferramentas da mediación familiar, o divorcio internacional, a segunda opotunidade, así como unha análise acerca dos procedementos civís e violencia de xénero.
Esta edición pecharase cunha nova forma de debate: un diálogo xurídico entre dous grandes profesionais do dereito que conversarán sobre novos paradigmas das relacións familiares. Na páxina web das xornadas, http://familia.gal, atopará toda a información, como chegar, o formulario de inscrición, os hoteis recomendados e a forma de reserva.
- AFORO LIMITADO -
Nota da organización aos compañeiros e compañeras da Familia ICA