O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) reunirá o vindeiro xoves, 31 de maio, baixo o patrocinio da firma Emetel e a colaboración de Abanca, Symantec, Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) e Campus Innova (UDC), a un elenco de expertos en ciberseguridade.
A “III Xornada de Ciberseguridade en Galicia” porá a comunidade galega á vangarda dunha das principais preocupacións actuais do empresariado, Administracións Públicas e particulares.
A asistencia ao encontro, que se celebrará na Escola Galega de Administración Pública de Santiago de Compostela (rúa de Madrid 2-4), é aberta, previa inscrición neste enlace.