No día de hoxe, Pilar López-Guerrero Vázquez, Decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, tomou posesión como nova Presidenta do Consello da Avogacía Galega nun Pleno celebrado hoxe que contou coa participación dos Decanos e Decanas dos sete Colexios da Avogacía de Galicia. Sucede no cargo a Ramón Jáudenes López de Castro, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra.
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce a profesión desde o ano 1990. En 2015 resultou elixida Decana do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense. Ademais, forma parte da Subcomisión de Dereito Penitenciario e da Comisión de Expertos do Observatorio de Xustiza Gratuíta e da Subcomisión de violencia de xénero do Consejo General de la Abogacía Española.
Nesta xuntanza do Pleno do Consello tamén ocuparon os seus novos cargos Francisco José Rabuñal Mosquera, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, Vicepresidente do Consello da Avogacía Galega, e Augusto José Pérez-Cepeda Vila, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Coruña, Secretario-Tesoureiro do Consello da Avogacía Galega.
Pleno do Consello da Avogacía Galega
O Pleno do Consello da Avogacía Galega queda configurado da seguinte maneira:
- Presidenta: Pilar López-Guerrero Vázquez, Decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense
- Vicepresidente: Francisco José Rabuñal Mosquera, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela
- Secretario-Tesoureiro: Augusto José Pérez-Cepeda Vila, Decano do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña
- Vogais:
- Félix Mondelo Santos, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo
- Ramón Jáudenes López de Castro, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra
- Lourdes Carballo Fidalgo, Decana do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo
- Luis Torres Foira, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol
Sobre o Consello da Avogacía Galega
O Consello da Avogacía Galega é unha corporación de dereito público que representa a profesión de avogado en Galicia. Aglutina e coordina aos sete Colexios da Avogacía: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.
É o portavoz da profesión e ten como funcións, entre outras, velar pola formación dos profesionais da avogacía e o control deontolóxico