Informámosvos de que o Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos colexios da avogacía de Galicia, organiza un curso de reciclaxe para mediadores e mediadoras. Os obradoiros desta actividade formativa foron programados polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña.
Con esta iniciativa, o Consello dá resposta á demanda formativa que a entrada en vigor da L.O. 1/2025 require e reafirma o seu compromiso de garantir a preparación dos avogados e avogadas para un entorno normativo en constante evolución e cunha crecente demanda de solucións alternativas de resolución de conflitos.
Información de interese:
- Modalidade de impartición: formato híbrido (Blended Learning).
- 20 horas en total:
- 4 obradoiros de 4 horas cada un organizados polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña.
- 4 horas lectivas en Moodle, na aula virtual do Consello da Avogacía Galega, con material escrito e test.
- Datas dos obradoiros: 6, 13, 20 e 21 de febreiro.
- Asistencia en liña: 100 € a pagar mediante Paypal ou tarxeta bancaria no momento da inscrición en liña, que se realizará desde https://formacion.avogacia.gal.
- Asistencia presencial: a inscrición realizarase directamente co Colexio de Avogados da Coruña (https://www.icacor.es/).
Achegamos guía da actividade formativa. Quedamos á vosa disposición no enderezo electrónico redes@avogacia.gal e no teléfono 981 121 893.