O Ilustre Colexio da Avogacía de Vigo, en colaboración co Consello da Avogacía Galega, organiza unha xornada que se retransmitirá vía streaming para toda a avogacía galega, sobre as modificacións lexislativas introducidas polo Real Decreto-Lei 6/2023, de 19 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia en materia de servizo público de xustiza, función pública, réxime local e mecenado.
A xornada contará co seguinte programa:
- “Aspectos procesais do Real Decreto-Lei 6/2023”. José Arturo Pérez Moreno, avogado do ICA Almería e Vicepresidente da Comisión de Estudos do CGAE.
- “A transformación dixital da Administración de Xustiza”. Rafael Massieu Curbelo, decano do ICA Las Palmas e Presidente da Comisión de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico do CGAE.
Información de interese:
- Data: venres 9 de febreiro.
- Hora: 17 horas.
- Prezo: gratuíto.
- Dirixido a: colexiados e colexiadas dos Colexios da Avogacía de Galicia, así como ao alumnado do Mestrado de Acceso á Avogacía.
- Inscrición: os interesados e interesadas deben remitir un correo a redes@avogacia.gal cos seguintes datos:
- Nome completo.
- NIF.
- Enderezo electrónico.
- ICA ao que pertence.
- Número de colexiado/a.
- Indicar se é alumno/a do Mestrado de Acceso á Avogacía.
- Remitirase un mail de confirmación de inscrición. O prazo para o rexistro en liña será o xoves, día 8 de febreiro, inclusive.
- O venres 9 de febreiro, pola mañá, todos os inscritos recibirán un correo cun enlace privado para acceder á retransmisión a través de Youtube.
Quedamos á vosa disposición para calquera consulta en redes@avogacia.gal e no teléfono 981121893.