APE Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia, Aelu Mulleres Empresarias Lugo e Aprevar, convídalle ás xornadas gratuítas de Prevención de Riscos Laborais que desenvolveremos a partir da vindeira semana na provincia de Lugo.
En concreto, o luns 19 de setembro, terá lugar a xornada “Avances en saúde laboral e condicións de traballo con perspectiva de xénero”, cuxo obxectivo é sensibilizar da importancia da perspectiva de xénero na actividade da prevención de riscos laborais. Esta acción terá lugar nas instalacións de Aelu Mulleres Empresarias Lugo, na avenida da Coruña 500, 1ª planta, Edificio CEI-NODUS (Lugo), en horario de 16:30 a 19:30 horas.
A semana seguinte, o luns 26, será a quenda de “Fomento do hábito de vida saudable na contorna laboral”, acción coa que promoveremos un estilo de vida saudable e difundiremos as novas ferramentas de promoción destes bos hábitos na contorna laboral. A xornada tamén ser desenvoverá nas instalacións de Aelu Mulleres Empresarias Lugo, en horario de 10 a 13 horas.
Por último, o mércores 28 de setembro, impartiremos “PRL e traballadores de máis de 55 anos”, onde daremos a coñecer cales son os riscos que sofre este sector da poboación no seu lugar de traballo e as pautas e ferramentas para protexernos. Esta xornada terá lugar nas instalacións de Aprevar, na avenida de Vegadeo, 56 (A Campiña), en horario de 11 a 14 horas.